Candidatos para dirixir a BXB
A directiva da Asociación "Cultura e Xuventude" de Barro e a Banda de Música Xuvenil de Barro queren trasladar o seu agradecemento pola gran difusión que tivo a convocatoria para as probas de selección do novo director para a agrupación, froito da cal se presentaron un gran número de candidatos en dirixir a BXB.
Probas para dirixir a BXB
A Asociación "Cultura e Xuventude" de Barro busca un novo director para a Banda Xuvenil de Barro. Se estás interesad@ ou sabes de alguén que poida estalo non deixes de consultar as bases para optar ao posto premento aquí. A BXB no Luar
|
XVI FESTIVAL DE BANDAS DE BARRO
O Festival, organizado como nas quince ocasións anteriores pola Asociación “Cultura e Xuventude” de Barro financiase coa colaboración de comercios, empresas locais e Comunidades de Montes do concello que aportan o seu gran de area para que este evento se
|






Barro acollerá este domingo o seu XVI Festival de Bandas de música, unha cita obrigada para todos os amantes da boa música e das Bandas de Música que nesta ocasión contará coas actuación do Grupo de Metais Leerber Musig de Suíza, A Banda de música Municipal de Valga, a Banda Escola de música de Rianxo e a Banda Xuvenil de Barro.