EMBA



Galician English Spanish

EMBA

 

A Asociación Cultura e Xuventude de Barro, consciente da importancia de poder ofertar unha educación musical de calidade para os nen@s, moz@s e adultos da comarca puxo en marcha a Escola de música de Barro (EmBa), na que se imparten diferentes especialidades instrumentais, asi como as asignaturas básicas de linguaxe musical e música e movemento.

O equipo docente da EmBa está formado por un total de 14 mestres coordinados por  Manuel Fariña (director).

Ademáis, entre as especialidades instrumentais impartidas na EmBa podemos atopar, comezando por todas as especialidades existentes na Banda de Música ata instrumentos como o Acordeón, o Piano, etc.

 

 

PLAN DE FORMACIÓN

 

O Plan de Formación da EmBa consiste, a grandes trazos, en proporcionarlle aos seus alumnos unha educación musical de calidade, e que teña por centro sempre ao alumno e ás suas necesidades específicas, xa que debemos comprender as características individuais de cada un dos alumnos que pasan pola escola.

Para lograr esto, o Plan de Formación da EmBa comeza con unha formación básica en solfexo, que dará pé a que cada alumno coñeza os instrumentos e poida elixir en cal se quere especializar. Posteriormente a aprendizaxe do solfexo e da especialización instrumental será paralela, xa que cremos que esta é a maneira idónea de motivar ao alumnos.

Como complemento a este programa os alumnos que así o desexen pasarán a formar parte da Banda Infantil de Barro, como paso previo e simultáneo ao ingreso na Banda de música Xuvenil de Barro. Esta Banda Infantil foi creada pensando nos rapaces en todo momento, xa que existe a posibilidade de que o repertorio que interpreta a BXB pode non resultar atractivo para eles, e desta maneira poden traballar un repertorio que os atraia e motive realmente, cumprindo deste xeito unha función motivadora, á vez que educativa.

Ademais, a educación musical, e os traballos en grupo que con ela se fan son actividades socializadoras en canto a que ensinan ás persoas a importancia da coordinación e a comunicación entre as persoas.