Concerto de percusión



Galician English Spanish

Concerto de percusión

 

A percusión é unha actividade musical das mais antigas que existen, pero é tamén unha das especialidades que mais arraigo ten na música contemporánea, pois case ningún espectáculo musical prescinde da percusión. Estamos acostumados iso sí a ver a percusión como parte dun todo, perte dunha banda de música, dunha orquesta ou dun grupo de heavy metal, mais a percusión en si mesma pode constituir o todo, o centro do espectáculo. Iso é o que nos queren ensinar os percusionistas da Banda de Música Xuvenil de Barro e da Unión Musical de Meaño. Estes rapaces participarán esta semana nun encontro musical que terá a percusión como centro arredor do cal xirará unha experiencia musical única baseada no respeto mutuo e no compañeirismo.

 

Como colofón final presentarán o producto do seu traballo e do seu esforzo en dous concertos, o primeiro dos cales se realizará no parque natural "Ría Barosa", un entorno natural único no que a percusión se mesturará coa fervenza e coa auga nun concerto que ben seguro impactará a todos os asistentes.