XVI FESTIVAL DE BANDAS DE BARRO



Galician English Spanish

XVI FESTIVAL DE BANDAS DE BARRO

Barro acollerá este domingo o seu XVI Festival de Bandas de música, unha cita obrigada para todos os amantes da boa música e das Bandas de Música que nesta ocasión contará coas actuación do Grupo de Metais Leerber Musig de Suíza, A Banda de música Municipal de Valga, a Banda Escola de música de Rianxo e a Banda Xuvenil de Barro.

O Festival, organizado como nas quince ocasións anteriores pola Asociación “Cultura e Xuventude” de Barro financiase coa colaboración de comercios, empresas locais e Comunidades de Montes do concello que aportan o seu gran de area para que este evento se

poida seguir celebrando ano tras ano, ademais da rifa dun Fin de semana no Balneario de Cuntis que se sorteará durante a celebración do festival.

 

 

Nesta edición a Banda Xuvenil de Barro interpretará o mesmo repertorio co que concursará no Certame Provincial de Bandas da Deputación de Pontevedra o vindeiro mes de Outubro.