A banda sonora da BXB



Galician English Spanish

A banda sonora da BXB

O vindeiro concerto da Banda Xuvenil de Barro será o vindeiro domingo, día 23 de Decembro de 2012 ás 18 horas na nave da Escola Taller de Barro. será un concerto moi entrañable, pois este nadal estamos de celebración, a Banda de Música Xuvenil de Barro cumple 20 anos. 20 anos de ilusión, de compromiso, de momentos doces ... e momentos menos doces, pero no que sempre nos acompañou e sempre tivemos algo en común, a música.

A primeira actuación da BXB foi o día 25 de Decembro do ano 1992, van alá 20 anos xa, 20 anos nos que algún dos integrantes nos fomos facendo maiores e outros foron nacendo, para dotar a esta agrupación de novos compoñentes que aporten alegría, paixón, ideas, e sobre todo moitas ganas de facer o que mais nos gusta a todos que é a música. E para celebrar que a agrupación cumple 20 anos e que sigue incorporando xente nova cada ano faremos un concerto de Bandas Sonoras dos anos 90, unha década na que se fundou a Banda e na que naceron a maioría dos membros da banda. Ademais, o concerto servirá de presentación dos novos músicos da BXB.